Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 5 de abril de 2023 Páx. 22493

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

ANUNCIO do 30 de marzo de 2023 polo que se dá publicidade da resolución da mesma data pola que se convocan a concurso público prazas de persoal docente e investigador contratado.

De conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril; no Decreto 266/2002, do 6 de setembro, da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario; nos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 14/2004, do 30 de xaneiro, da Xunta de Galicia; no II Convenio colectivo para o persoal docente e investigador das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, e no Regulamento de selección de profesorado con vinculación permanente, aprobado polo Acordo do Consello de Goberno da USC do 27 de setembro de 2019, esta reitoría fai público que, pola Resolución do 30 de marzo de 2023, en execución do acordo do consello de goberno da mesma data, se convoca concurso público para a cobertura de 30 prazas de profesorado contratado doutor.

As prazas convocadas forman parte das ofertas de emprego público da Universidade de Santiago de Compostela dos anos 2022 e 2023, aprobadas polos acordos do Consello de Goberno do 25 de maio de 2022 e 23 de febreiro de 2023, respectivamente, e autorizadas pola Consellería de Facenda e Administración Pública.

Das 30 prazas convocadas, 16 corresponden á OEP de 2023, e 14 á OEP de 2022 (unha delas incluída dentro da reserva do 15 % para o persoal investigador do programa Ramón y Cajal e doutros programas de excelencia nacionais ou internacionais que obtivesen o certificado I3).

A relación de prazas convocadas e as bases completas da convocatoria pódense consultar no taboleiro electrónico da Universidade de Santiago de Compostela https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/inicio.htm e na páxina web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PDI/convocatorias/pdipermanente

As solicitudes deberán presentarse, a través do procedemento indicado nas bases da convocatoria, no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, segundo proceda de conformidade coas bases, publicaranse no taboleiro electrónico https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/inicio.htm e na páxina web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PDI/convocatorias/pdipermanente

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela