Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 5 de abril de 2023 Páx. 22495

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

ANUNCIO do 30 de marzo de 2023 polo que se dá publicidade da resolución da mesma data pola que se convocan a concurso público prazas de persoal docente e investigador contratado

De conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril; no Decreto 266/2002, do 6 de setembro, da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario; nos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 14/2004, do 30 de xaneiro, da Xunta de Galicia; no II Convenio colectivo para o persoal docente e investigador das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, e no Regulamento de selección de profesorado non permanente, aprobado polo Acordo do Consello de Goberno da USC do 7 de febreiro de 2020, este reitorado fai público que, pola Resolución do 30 de marzo de 2023, en execución do acordo do Consello de Goberno da mesma data, convócase concurso público para a contratación de persoal docente e investigador na categoría de profesorado asociado de Prácticas Tuteladas da Facultade de Farmacia (4 prazas).

A relación de prazas convocadas e as bases completas da convocatoria pódense consultar no taboleiro electrónico da Universidade de Santiago de Compostela https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/inicio.htm e na páxina web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PDI/convocatorias/pditemporal

As solicitudes deberán presentarse, a través do procedemento indicado nas bases da convocatoria, no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, segundo proceda de conformidade coas bases, publicaranse no taboleiro electrónico https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/inicio.htm e na páxina web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PDI/convocatorias/pditemporal

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2023

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela
P.D. (Resolución do 21.4.2022; DOG do 26 de abril)
Ernesto González Seoane
Vicerreitor de Profesorado