Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 5 de abril de 2023 Páx. 22491

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2023 pola que se aproba e fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para cubrir unha praza de técnico/a especialista de investigación, especialidade química (soprado de vidro e cuarzo).

Mediante a Resolución reitoral do 25 de novembro de 2022 (DOG do 12 de decembro), convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza de técnico/a especialista de investigación, especialidade química (soprado de vidro e cuarzo), grupo III, pola quenda de acceso libre, vacante no cadro de persoal laboral.

Mediante a Resolución reitoral do 13 de febreiro de 2023 (DOG do 21 de febreiro) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas, e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivasen a exclusión ou omisión.

Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a citada listaxe definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas e que non están exentas deste exercicio para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición (probas de lingua galega), o día 12 de maio, ás 10.00 horas, na sala de reunións do Edificio Cactus (2º andar), rúa Constantino Candeira, 1, Campus Vida, Santiago de Compostela.

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuaraa o tribunal, nos locais onde se realizase a proba anterior, no taboleiro electrónico da universidade e na páxina web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o devandito recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela