Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 5 de abril de 2023 Páx. 22526

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación dos estatutos sociais da entidade Centauros Commerce, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta xefatura territorial o 10 de marzo de 2023 resolveu inscribir no Rexistro de Cooperativas o acordo de modificación do artigo 2 dos estatutos sociais relativo ao domicilio social da entidade Centauros Commerce, S. Coop. Galega, acordada na reunión da asemblea xeral do 1 de decembro de 2022. O seu novo domicilio social é rúa Jenaro de la Fuente, 17, baixo 2, concello de Vigo, provincia de Pontevedra.

Vigo, 10 de marzo de 2023

Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra