Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 5 de abril de 2023 Páx. 22527

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 20 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia na tramitación dos expedientes de potencial vitícola RV322021164 e AV322022233.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

Segundo o establecido no artigo indicado, o acto será publicado no Boletín Oficial del Estado, e a súa eficacia queda supeditada a esa publicación.

O acto foi adoptado pola xefa do Servizo de Explotacións Agrarias.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo de Explotacións Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Florentino L. Cuevillas, nº 4 e 6, baixo (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Ourense, 20 de marzo de 2023

Luis Jorge Álvarez Ferro
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Acto de notificación

RV/32/2021/164

76756766Q

Replantación viña

AV/32/2022/233

34558977M

Arrinca viña