De conformidade co disposto no artigo 24 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáse publicidade á seguinte resolución:
Instalación: explotación porcina de porcos de ceba |
Procedemento: revisión da autorización ambiental integrada |
Titular: Promalia Proyectos, S.L. |
|
Localización: A Pereira, concello de Santa Comba (A Coruña) |
Expediente: 2019-IPPC-M-178 |
Esta resolución poderá consultarse na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).
Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2023
María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático