Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 5 de abril de 2023 Páx. 22523

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 21 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada e o estudo de impacto ambiental para unha planta de produción de hidróxeno verde denominada Green H2 Langosteira, situada no porto exterior da Coruña, concello de Arteixo (A Coruña). Titular: Enerfín Renovables VI, S.L.U. (expediente 2022-IPPC-I-104).

Para os efectos previstos no artigo 29 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (BOE núm. 273, do 10 de novembro), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a documentación correspondente á solicitude de autorización ambiental integrada e ao estudo de impacto ambiental da planta de produción de hidróxeno verde presentada por Enerfín Renovables VI, S.L.U., co fin de que calquera persoa interesada poida consultala e, de ser o caso, formular dentro do dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

A documentación estará á disposición das persoas administradas nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático; Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2023

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Expediente: 2022-IPPC-I-104.

Titular: Enerfín Renovables VI, S.L.U.

NIF: B42816629.

Domicilio social: rúa Arturo Soria, 343, andar 9, 28033 Madrid.

Localización da instalación: porto exterior da Coruña, avenida Punta Langosteira, s/n, 15141 Arteixo (A Coruña).

Actividade: produción de hidróxeno verde.

Categoría principal da actividade: categoría 4.2.a) do anexo I do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro.

Descrición do proceso: obterase hidróxeno mediante electrólise da auga nun electrolizador de 1 MW. A subministración da auga potable realizarase desde a rede de distribución do porto exterior da Coruña. A enerxía eléctrica subministrarase desde un parque eólico situado no porto.

Verteduras: os efluentes de augas residuais son enviados a un depósito estanco e xestionados mediante xestor autorizado. As augas sanitarias son conducidas a unha fosa séptica estanca. As augas pluviais son enviadas á rede de pluviais do porto.