Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 4 de abril de 2023 Páx. 22260

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 20 de marzo de 2023 polo que se notifica a aprobación da liquidación provisional correspondente aos gastos de execución subsidiaria do expediente 107 B 2009/09-0.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 27 de xaneiro de 2023, ditou resolución pola que se aproba a liquidación provisional correspondente aos gastos de execución subsidiara das obras de demolición dun local para mesón-ciber-pub, na estrada OU-540, no lugar de Aceredo Novo, concello de Lobios, provincia de Ourense, e requíreselle á persoa co código de identificación fiscal número Y0119011T, para que efectúe o seu aboamento.

Ao non se poder realizar a notificación persoal desta resolución á dita persoa, mediante este anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á persoa interesada, que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Esta resolución ten a consideración de mero acto de trámite, non susceptible de recurso nos termos do artigo 112.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao quedar suxeita a presente liquidación a unha ulterior e definitiva, sen prexuízo de que, de consideralo oportuno polos interesados, se alegue oposición a ela, que será tida en consideración na resolución que poña fin ao procedemento.

Para que conste, e lle sirva de notificación á persoa interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2023

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística