Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 4 de abril de 2023 Páx. 22262

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 21 de marzo de 2023 polo que se notifica a incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística PON/190/2020-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 18 de outubro de 2022, incoar o expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras realizadas en solo rústico consistentes na construción dunha caseta con fins residenciais de 22 m2, terraza de 11 m2, piscina, ducha, dous habitáculos para gatos e mobiliario de xardín na avenida Santa Marina, número 27 A, parroquia de Cabral, no termo municipal de Vigo, provincia de Pontevedra (referencias catastrais 54057A051001890000AW e 54057A051003520000AA).

Ao non se poder realizar a notificación persoal daquel acordo á interesada con documento nacional de identidade número 35937202R, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á interesada o dito acordo mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á interesada que o texto íntegro do acordo que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

A interesada dispón dun prazo de 15 días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para presentar os documentos e xustificacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios dos que pretenda valerse.

Para que conste, e lle sirva de notificación á citada interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2023

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística