Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 4 de abril de 2023 Páx. 22267

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Turismo de Galicia

CÉDULA do 20 de marzo de 2023, da Área Provincial de Turismo de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador
RITGA-E-2023-001073 por infracción en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro) notifícaselle ao titular que se menciona no anexo a incoación do expediente sancionador RITGA-E-2023-001073 xa que, intentada polo medio habitual, non se puido efectuar

Neste mesmo acto designouse instrutor do expediente a José María Picallo Búa. O interesado pode promover a súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A resolución deste expediente sancionador, en materia de turismo, correspóndelle á persoa titular da Axencia Turismo de Galicia, segundo se dispón no artigo 19.4.g) dos estatutos da dita axencia, aprobados polo Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a citada axencia e se aproban os seus estatutos (DOG núm. 193, do 9 de outubro), en relación co artigo 119.1.a) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 124.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, a resolución deste procedemento sancionador deberase notificar no prazo dun ano desde a data deste acordo.

O interesado dispón dun prazo de quince días, consonte o establecido no artigo 82.2 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, para presentar ante o instrutor do procedemento, para a súa incorporación a el, as alegacións, documentos e informacións que considere convenientes e, se é o caso, propoñer que se practiquen os medios de proba de que pretenda valerse, advertíndolle que de non formular alegacións no prazo indicado, este acordo se considerará proposta de resolución, de conformidade co previsto no artigo 64.1 da dita lei.

De conformidade co establecido no artigo 85.3 da indicada Lei 39/2015, infórmase a persoa imputada de que a sanción sinalada no acordo de incoación poderá ser obxecto das seguintes reducións: o 20 % (no caso de que recoñeza a súa responsabilidade ou pague voluntariamente e calquera momento anterior a resolución) ou o 40 % (no caso de que recoñeza a súa responsabilidade e ademais pague voluntariamente en calquera momento anterior á resolución).

Pontevedra, 20 de marzo de 2023

Felipe Ferrero González
Xefe da Área Provincial de Turismo de Pontevedra

ANEXO

Expediente: RITGA-E-2023-001073.

Titular sancionado: Xesús Bouza del Cerro.

Establecemento: Lila Viajes Norte, S.L.

Domicilio: rúa Urzáiz, 25, 4º E.

Localidade: Vigo.

Incoación: 16 de febreiro de 2023.

Precepto infrinxido: artigo 35.c) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, e artigo 110.10 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Sanción proposta: 2.000,00 euros.