Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 4 de abril de 2023 Páx. 22266

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 21 de marzo de 2023 de emprazamento para trámite de audiencia no expediente PON/206/2020.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento para trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/206/2020, os interesados con documento nacional de identidade número 35427267E e 35952207X, en relación coas obras consistentes en construción do cerramento de parcela, que se levan a cabo no lugar da Peroxa 3B, Lamas, no termo municipal de Moraña, provincia de Pontevedra.

O expediente relacionado está á disposición dos interesados na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os interesados disporán dun prazo de 15 días hábiles, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, para presentar as alegacións e os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2023

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística