Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 3 de abril de 2023 Páx. 21963

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2022/419-4).

Expediente: IN407A 2022/419-4.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMTS SDM704 e substitución do CT canteira Concello por CTC.

Situación: Vigo.

Feitos:

Primeiro. O 13 de outubro de 2022, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación eléctrica LMTS SDM704 e substitución do CT canteira Concello por CTC.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que consiste nas seguintes actuacións previstas na baixada a Laxe e estrada de Miraflores, nas parroquias de Sárdoma e Castrelos, no concello de Vigo:

– Substitución do centro de transformación canteira Concello (36C651) de 400 kVA por outro centro de transformación de 400 kVA/15 kV de potencia, compacto de manobra exterior 2L1P telecontrolado con GPRS/FO en envolvente prefabricada de formigón con telexestión BT, conectado aos tramos SDM7040362 e SDM7040326.

– Para poder alimentar o novo centro de transformación proxéctase unha liña de media tensión subterránea.

– A retirada dos seguintes tramos: SDM7040327 (268 metros), SDM7040330 (39 metros), SDM7040360 (36 metros), SDM7040334 (115 metros), SDM7040344 (34 metros), SDM7040324 (182 metros), SDM7040333 (9 metros), SDM7040336 (34 metros) e SDM7040335 (51 metros).

– Retíranse un total de oitos apoios e os XS 36HH32 e 21641.

Segundo. O 9 de novembro de 2022, esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas.

Terceiro. O 15 de decembro de 2022, UFD achegou un proxecto modificado para dar cumprimento á acta de aliñación e rasante do Concello de Vigo en que indica que se debe recuar o centro de transformación uns 4 metros desde o bordo da beirarrúa. Esta acta foi emitida o 7 de novembro de 2022 e remitida directamente a UFD Distribución Electricidad, S.A. polo propio concello.

As actuacións previstas neste modificado son as mesmas do proxecto inicial variando unicamente a posición inicial do centro de transformación e a lonxitude da liña de media tensión subterránea.

Cuarto. Debido ao modificado presentado, esta xefatura solicitou novamente o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Vigo, Augas de Galicia, a Axencia Estatal de Seguridade Aérea e o Servizo do Patrimonio Cultural de Pontevedra. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos polo Concello de Vigo e polo Servizo do Patrimonio Cultural.

Os demais organismos non emitiron os condicionados técnicos, entendéndose en consecuencia a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; sen prexuízo da autorización que lles corresponda outorgar.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

Segunda. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresarias en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

Terceira. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

Centro de transformación compacto, a 400 kVA, con RT de 15 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 3540306NG2734S0001XO. Liña de media tensión subterránea (LMTS), a 15 kV, con condutor RHZ1 en dúas actuacións. A primeira é de 472 metros con orixe no empalme coa LMTS existente SDM7040362, na estrada Miraflores-Sárdoma 74, e final no centro de transformación proxectado. A segunda é de 244 metros con orixe no centro de transformación proxectado e final no empalme coa LMTS existente SDM7040326, na baixada Laxe-Castrelos 37. A instalación está situada na baixada a Laxe e estrada de Miraflores, nas parroquias de Sárdoma e Castrelos, no concello de Vigo (Pontevedra).

Conforme o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar a UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada LMTS SDM704 e substitución do CT canteira Concello por CTC (expediente IN407A 2022/419-4), cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Segundo. UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento se deberán cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Terceiro. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 9 de marzo de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra