Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2023 Páx. 20742

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Portomarín (expediente IN407A 2022-83 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: rúa A Batundeira, 2, Velle, Ourense.

Denominación: LAT 132 kV Chantada-Lugo E/S SE Eirexe. AP.107.

Situación: concello de Portomarín.

Características técnicas:

• Instalación na LAT 132 kV Chantada-Lugo dun novo apoio de entroncamento 03´ tipo CO-27.000-15 CA-N II, o cal se localizará a 10 metros do apoio 107 (169) que se vai desmantelar.

• Substitución de 1.332,13 de liña trifásica en condutor existente tipo 15.82 dúplex por condutor LA-180 dúplex, con orixe no apoio 101 (163) e final no apoio 03´ proxectado e reforzo dos apoios 102 (164), 103 (165), 104 (166), 105 (167) e 106 (168).

• Coa finalidade de non interromper a subministración eléctrica durante a montaxe instálanse tres crucetas provisionais a 90º no apoio de entroncamento proxectado.

Finalidade da instalación: conexión futura SE Eirexe na LAT 132 kV. Chantada-Lugo.

Orzamento: 61.967,87 €.

Documentación que se acompaña:

• Separata para o Concello de Portomarín.

• Separata para a CHMS.

Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción das ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución. A dirección de obra deberá ser realizada por técnico competente.

Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento se deberán cumprir as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establece a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas da alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que xulgue pertinente o seu dereito.

Lugo, 7 de marzo de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo