Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2023 Páx. 20786

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de notificación da orde de execución de xestión da biomasa.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que os titulares dos bens que se relacionan a continuación son ilocalizables ou, tentada a súa notificación, esta resultou infrutuosa, polo que a notificación é imposible, comunícaselles ás persoas responsables o disposto nas resolucións ditadas polo incumprimento da obriga legal de xestión da biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se relacionan, imposta polo artigo 22.1 da dita Lei 3/2007, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas:

Parcelas de titulares ilocalizables/imposibles de notificar fóra do ámbito
da parroquia prioritaria de San Pedro de Visma

«1. Requirir as persoas titulares da/s parcela/s que se relaciona/n na táboa seguinte para que procedan á xestión da biomasa e/ou á corta das especies arbóreas nos termos previstos na disposición adicional terceira da Lei 3/2007 (entre elas eucaliptos, piñeiros, acacias, toxos, xestas e silvas) nun prazo máximo de quince días naturais, contados desde o día seguinte ao de notificación deste acto:

Ref. catastral

Localización

Propietarios

15900A00800151

Elviña (San Vicenzo)

34887429V (herdeiros de)

15900A01100308

Elviña (San Vicenzo)

32126362P (herdeiros de)

15900A01000044

Elviña (San Vicenzo)

32350740K (herdeiros de)

Unha vez finalizado o prazo anterior, o Servizo de Inspección municipal procederá á inmediata comprobación da realización dos traballos ordenados.

No suposto de parcelas nas cales que existan afeccións sectoriais de aproveitamento (Camiño de Santiago, Patrimonio cultural de Galicia, afección de ribeira- Augas de Galicia, afección de ribeira – CH do Miño-Sil), as persoas responsables deberanse por en contacto coa Consellería ou organismo competente para cumprir cos pregos de condicións sectoriais que resulten de aplicación, co obxecto de cumprir coa obrigación citada dentro do prazo sinalado.

2. Lembrarlles ás persoas responsables das obrigacións de corta das especies arbóreas prohibidas que, previamente á realización dos traballos, deberán presentar ante a Consellería do Medio Rural unha declaración responsable para aproveitamentos madeireiros e leñosos (código de procedemento MR604R).

3. Advertirlles expresamente ás persoas responsables das obrigacións anteriores que, en caso de incumprimento da orde dada no prazo anteriormente sinalado, se producirán as seguintes consecuencias:

A. Execución subsidiaria da orde dada sen máis trámite: o Concello procederá á liquidación provisional dos custos previstos a que previsiblemente dará lugar dita execución subsidiaria, con advertencia de que se procederá á súa exacción inmediata en caso de persistencia no incumprimento, tras o transcurso do prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez finalizados os traballos, de ser o caso. A liquidación provisional consiste no establecemento dunha cantidade estimada dos traballos necesarios para xestionar a biomasa por hectárea, segundo o tipo de traballos que cómpre realizar.

Así mesmo, poderase realizar o comiso das especies arbóreas prohibidas, retiradas por esta administración.

B. Incoación do correspondente procedemento sancionador: a autoridade competente para incoar e sancionar é a concelleira delegada de Medio Ambiente, mediante o Decreto de delegación de competencias da Alcaldía Presidencia (BOP nº 124, do 3 de xullo), ao abeiro do disposto no artigo 21 ter.2 da Lei 3/2007; cualifícanse a infracción inicialmente como leve, segundo o artigo 51.3.a) da Lei 3/2007, e pódelle corresponder unha sanción de ata 1.000 €, de acordo co disposto no artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007, sen prexuízo do que poida resultar da instrución do expediente.

O anterior sen prexuízo de poder acudir á execución forzosa mediante a imposición dunha multa coercitiva de 1.000,00 a 10.0000,00 €; poderanse reiterar as multas coercitivas ata lograr a execución do ordenado».

O que se notifica para o debido coñecemento e para os efectos oportunos. Así mesmo, infórmase de que a dita resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpor os seguintes recursos:

– Con carácter potestativo, recurso de reposición, ante o órgano que ditou este acto, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a notificación (artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas).

– Recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación deste acto (artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa). No caso de que interpuxese previamente recurso potestativo de reposición, non poderá interpor o recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio administrativo.

O anterior sen prexuízo da posibilidade de interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 3 de marzo de 2023

A Alcaldesa
P.D. (Decreto do 26.6.2019; BOP núm. 124, do 3 de xullo)
Esther Fontán Prado
Concelleira delegada de Medio Ambiente