Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2023 Páx. 20789

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Folgoso do Courel

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do proxecto de expropiación urbanística polo procedemento de taxación conxunta.

De conformidade co disposto no artigo 118 da Lei do solo de Galicia, mediante o Acordo do Pleno, do 3 de marzo de 2023, aprobouse inicialmente o proxecto de expropiación urbanística polo procedemento de taxación conxunta para o desenvolvemento do proxecto de execución das obras de construción de novo acceso aos edificios municipais de usos múltiples en Fondo de Vila.

Así mesmo, acordouse someter o proxecto a información pública polo prazo dun mes, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, e notificarlles individualmente, con traslado literal das follas de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración, a todos os que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, para que poidan formular cantas alegacións e reclamacións consideren oportunas, en particular no referente á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos, por idéntico prazo dun mes.

A relación de bens e dereitos afectados é a seguinte:

Nº de predio

Ref. catastral

Titulares

Superficie da parcela (m2)

Superficie para expropiar (m2)

Clase de solo

Definitiva

Temporal

1

27017A035002140000BF

Benito Álvarez Arza

1437,00

482,00

202,00

Núcleo e rústico

2

27017A035002130000BT

Juan Pérez Rubio

Lora Zarauza Arza

1584,00

190,50

91,60

Núcleo e rústico

3

27017A035002120000BL

Asunción Zarauza Sánchez

David Zarauza Sánchez

Benjamín Zarauza Sánchez

Juan Pérez Rubio

547,00

14,70

14,00

Núcleo e rústico

4

27017A035006370000BX

Benjamín Zarauza Sánchez

Juan Pérez Rubio

1207,00

242,20

11,40

Núcleo e rústico

5

27017A035002100000BQ

Estrella Álvarez Ferreiro

284,00

106,20

8,30

Núcleo e rústico

6

27017A035002060000BG

Benjamín Zarauza Arza

Asunción Zarauza Arza

Flora Zarauza Arza

Francisco Zarauza Arza

José Zarauza Arza

Milagros Zarauza Arza

Concepción Zarauza Arza

Juan Zarauza Arza

910,00

220,00

42,00

Núcleo

7

27017A035002050000BY

Urbano Arza Sánchez

634,00

215,00

55,00

Núcleo

Durante o dito prazo, as persoas interesadas poderán examinar o seu contido presencialmente nas oficinas municipais ou na sede electrónica do Concello de Folgoso do Courel (https://folgosodocourel.sedelectronica.es/info.0).

Ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar de notificación ou ben, tentada esta, non se poida efectuar, a publicación deste anuncio servirá de notificación co alcance e a finalidade previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo da preceptiva publicación no Boletín Oficial del Estado.

Folgoso do Courel, 6 de marzo de 2023

Dolores Castro Ochoa
Alcaldesa