Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2023 Páx. 20625

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 14 de marzo de 2023 pola que se concede a autorización definitiva para impartir as ensinanzas elementais e profesionais de música no Conservatorio Profesional do Carballiño (Ourense).

O Concello do Carballiño solicita a autorización definitiva para impartir as ensinanzas elementais e profesionais de música no Conservatorio Profesional do Carballiño.

O Real decreto 303/2010, do 15 de marzo, establece os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas artísticas. O Decreto 253/1995, do 29 de setembro, e a Orde do 5 de decembro de 1995 regulan o procedemento para a autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas artísticas, trámites preceptivos iniciados na Xefatura Territorial de Ourense que achega o expediente cos correspondentes informes para a súa autorización.

Por canto antecede, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Autorización definitiva

Autorizar as ensinanzas de música elementais e profesionais no conservatorio do Carballiño, cuxos datos se sinalan a seguir:

Denominación: CMUS Profesional do Carballiño.

Código do centro: 32016522.

Enderezo: praza Maior, 1.

Localidade: O Carballiño.

Concello: O Carballiño.

Provincia: Ourense.

Titular: Concello do Carballiño.

Composición resultante:

Ensinanzas elementais de música para 96 postos escolares.

Ensinanzas profesionais de música para 72 postos escolares.

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia.

Artigo 3. Inscrición no rexistro de centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Revisión da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2023

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades