De conformidade co disposto no artigo 6 da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia; no artigo 10 do Decreto 44/1988, do 11 de febreiro, polo que se desenvolve a dita lei; no artigo 16.1.c) do Decreto 87/1992, do 26 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de réxime interno do Consello Escolar de Galicia, e atendendo ás designacións formalizadas pola Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), pola Confederación Galega de Anpas e polo conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades en representación da Administración educativa, por proposta do conselleiro, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do nove de marzo de dous mil vinte e tres,
DISPOÑO:
Artigo 1. Cesamentos
Que cesen como membros do Consello Escolar de Galicia as seguintes persoas:
1º. En representación das organizacións empresariais, por proposta da Confederación de Empresarios de Galicia:
José Álvarez Carpintero.
Marta Amate López.
2º. En representación das confederacións de asociacións de nais e pais do alumnado, por proposta da Confederación Galega de Anpas:
María Eugenia Díaz-Velarde.
3º. En representación da Administración educativa, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades:
José Luis Mira Lema.
Fernando del Pozo Andrés.
Artigo 2. Nomeamentos
Noméanse membros do Consello Escolar de Galicia, nas condicións determinadas no articulado da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, as seguintes persoas:
1º. En representación das organizacións empresariais, por proposta da Confederación de Empresarios de Galicia:
José Manuel Rodríguez Lago.
Ana Belén Vázquez Eibes.
2º. En representación das confederacións de asociacións de nais e pais do alumnado, por proposta da Confederación Galega de Anpas:
Luis Alfonso Trigo Fernández.
3º. En representación da Administración educativa, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades:
Judith Fernández Novoa.
María Eugenia Pérez Fernández.
Artigo 3. Duración do mandato
O mandato dos novos membros será polo tempo que resta para completar o mandato da representatividade que exercen.
Disposición derradeira única. Entrada en vigor
O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, nove de marzo de dous mil vinte e tres
Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades