Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 2023 Páx. 18338

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 22 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento de autorización administrativa previa, de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Mañón (expediente IN407A 2022/171-1).

Expediente: IN407A 2022/171-1.

Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Labrada.

Termo municipal: Mañón.

1. Características técnicas:

– Centro de transformación prefabricado de formigón tipo rural fin de liña, compacto de manobra exterior, de 100 kVA de potencia, relación de transformación 15/0,4-0,23 kV e configuración de celas 1L+1P, que se instalará na parcela con referencia catastral 15045A033004530000UT, sita no lugar de Labrada (termo municipal de Mañón).

– Instalación, respectando o actual trazado da liña MEA-811 no treito comprendido entre o CT Grañas Eirexa (expediente IN407A 2016/2624-1/matrícula: 15AHQT) e o CT Pexegueiro (expediente IN407A 2015/404-1/matrícula: 15AV53), dun novo apoio metálico tipo A-AL-C-1000/12-H35-CA (cs)III de xeito intercalado entre os apoios de formigón núm. 117-37-3 (matrícula: BES0D9RS) e núm. 117-37-4 (matrícula: BEVL3UAV) existentes.

– Retensado do condutor tipo LA-30 (condutor existente) nos novos vans que se formarán entre os apoios núm. 117-37-3 e núm. 117-37-4 existentes e o apoio proxectado.

– Instalación dun paso aero-soterrado (PA/S) e de elementos de seccionamento tipo XS no apoio metálico tipo A-AL-C-1000/12-H35-CA (cs)III proxectado.

– Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 15 kV, de 22 metros de lonxitude, en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3 (1 x 150 mm2 Al), con orixe no paso aero-soterrado anterior e remate en cela de liña do CT proxectado.

– Instalación dunha liña soterrada de baixa tensión (RBTS), de 33 metros de lonxitude, en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4 (1 x 240 mm2 Al) con orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT proxectado e remate no acoplamento coa rede de baixa tensión existente que se realizará no paso soterrado-aéreo (PS/A) proxectado en apoio de formigón tipo HV-250/9 existente.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2.10.2015).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2.10.2015).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27.12.2013).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27.12.2000).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19.3.2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17.12.1954).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20.6.1957).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 22 de febreiro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

LMT, CT e RBT Labrada

Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Mañón

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (LMT, CT e/ou apoios)

LMT soterrada

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/Núm. do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Jaime Vázquez Calvo e María Vázquez Calvo

Polígono 33, parcela 453

Poula

CT e novo apoio (PA/S)

22,41

3

8,67

Rústico agrario