Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 2023 Páx. 17874

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2023 pola que se fai público o financiamento ao 100 % do gasto elixible, no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, de varios contratos menores.

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a seguir se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Expedientes de contratación.

A) Contrato menor do servizo de redacción de proxecto básico e de execución e dirección de obra da reforma do centro de saúde de Ribadavia (Ourense) (exp. CM-SER3-21-008).

1. Obxecto do contrato: servizo de redacción de proxecto básico e de execución e dirección de obra da reforma do centro de saúde de Ribadavia (Ourense).

2. Importe de adxudicación con IVE: 14.520,00 €.

3. Duración: igual ao contrato de obras a que está vinculado.

4. Adxudicatario inicial: Henrique Ferro Cruz con DNI 33****4Y.

B) Contrato menor de servizo de supervisión de instalacións do proxecto de ampliación e reforma do centro de saúde de Porriño (Pontevedra) (exp. CM-SER3-21-023).

1. Obxecto do contrato: servizo de supervisión de instalacións do proxecto de ampliación e reforma do centro de saúde de Porriño (Pontevedra).

2. Importe de adxudicación con IVE: 2.722,50 €.

3. Duración: 2 semanas.

4. Adxudicataria: Inous Enxeñería Global, S.L. con DNI B70****23.

C) Contrato menor de subministración, fabricación e instalación de rótulo exterior retroiluminado e monolito no centro de saúde de Mugardos (exp. CM-SER3-21-032).

1. Obxecto do contrato: subministración, fabricación e instalación de rótulo exterior retroiluminado e monolito no centro de saúde de Mugardos.

2. Importe de adxudicación con IVE: 6.594,50 €.

3. Duración: 30 días naturais.

4. Adxudicataria: Neón Arte, S.L. con DNI B36****46.

D) Contrato menor de subministración, fabricación e instalación de rótulo exterior retroiluminado no centro de saúde das Pontes (exp. CM-SER3-21-040).

1. Obxecto do contrato: subministración, fabricación e instalación de rótulo exterior retroiluminado no centro de saúde das Pontes.

2. Importe de adxudicación con IVE: 6.292,24 €.

3. Duración: 20 días naturais.

4. Adxudicataria: Groma Obras, S.L. con DNI B70****11.

2. Financiamento.

Todas estas actuacións financiaranse ao 100 % do gasto elixible no marco do instrumento de axuda á recuperación para a cohesión e os territorios de España (REACT-EU), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

A actuación enmárcase dentro do programa operativo no eixe prioritario 20, «Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía»; prioridade de investimento 13.i, «Favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía»; obxectivo específico 20.1.5 REACT-UE 5 «Apoiar investimentos en infraestruturas que presten servizos básicos aos cidadáns».

A axuda á recuperación para a cohesión e os territorios de Europa (REACT-UE) é unha iniciativa que prosegue e amplía as medidas de resposta á crise e de reparación da crise proposta na iniciativa de investimento en resposta ao coronavirus (IIRC) e na iniciativa de investimento en resposta ao coronavirus plus (IIRC+).

O REACT-UE inclúe fondos adicionais que se porán á disposición do Feder, entre outros fondos europeos, operando así como fondos estruturais, e procederán do fondo de recuperación NextGenerationEU, instrumento financeiro excepcional de recuperación temporal.

Os recursos REACT-UE prestarán asistencia para favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia da COVID-19 e as súas consecuencias sociais e para preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía.

3. Información.

3.1. Poder adxudicador:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos, por delegación mediante o Decreto 137/2019, do 10 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 208, do 31 de outubro) e a Orde do 22 de abril de 2020 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e na Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (DOG núm. 82, do 29 de abril).

3.2. Tipo de poder adxudicador: organismo de dereito público. A súa principal actividade: saúde.

3.3. Servizo do cal se pode obter información: Subdirección Xeral de Investimentos. Servizo de Xestión. Enderezo electrónico: servizo.xestion@sergas.es

3.4. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2023

O presidente do Servizo Galego de Saúde
P.D. (Decreto 137/2019 e Orde do 22.4.2020)
María Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos