Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 2023 Páx. 17873

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 2 de marzo de 2023 polo que se somete a información pública a solicitude de modificación substancial da concesión outorgada ao Club Náutico de Boiro para a construción e explotación de instalacións náutico-recreativas no porto de Cabo de Cruz.

Logo da solicitude do concesionario Club Náutico de Boiro, a presidenta de Portos de Galicia acordou, o día 2.3.2023, iniciar o trámite de modificación substancial da concesión outorgada ao Club Náutico de Boiro para a construción e explotación de instalacións náutico-recreativas no porto de Cabo de Cruz (Boiro).

O obxecto da modificación é a construción dun novo edificio de servizos na explanada do porto deportivo.

En cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, faise público para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/portada, usando o procedemento xenérico PR0004A, ou nun rexistro habilitado para o efecto, no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2023

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia