Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 2023 Páx. 17878

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 15 de febreiro de 2023, da Área Sanitaria de Ferrol, pola que se notifica a resolución da reclamación previa do expediente RGA-2022000089-FE de reintegro de asistencia sanitaria con medios alleos.

Mediante esta cédula, e debido a que, intentada a notificación da resolución da reclamación previa a María Teresa Vilela López, non puido ser atopada no enderezo facilitado pola interesada, comunícase:

Resolución de reclamación previa ao reintegro dos gastos por asistencia sanitaria con medios alleos.

Referencia: RGA-2022000089-FE.

Antecedentes:

A Xerencia da Área Sanitaria de Ferrol, con rexistro de saída do 11 de outubro de 2022, comunica a María Teresa Vilela López a resolución desfavorable do reintegro dos gastos de asistencia sanitaria por medios alleos por importe de 16.170,40 €. A interesada presenta o escrito de reclamación previa con rexistro de entrada do 28 de novembro de 2022. Daquela,

RESOLVO:

Desestimar a solicitude de reintegro de gastos de asistencia sanitaria con medios alleos de María Teresa Vilela López, por non se tratar dunha urxencia inmediata e de carácter vital, e utilizar por decisión propia os servizos distintos aos da Seguridade Social.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer unha demanda ante o Xulgado do Social, no prazo de trinta (30) días, que contarán desde o día seguinte ao da súa notificación, segundo o disposto no artigo 71.6 da Lei 36/2011, reguladora da xurisdición social, do 10 de outubro (BOE do 11 de outubro).

A Xerencia da Área Sanitaria é competente para resolver o expediente, por delegación da Consellería de Sanidade, segundo a redacción dada ao artigo 8.f) da Orde do 22 de abril de 2020 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 82, do 29 de abril).

Para que conste, lle sirva de notificación á interesada e en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo esta cédula; a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Ferrol, 15 de febreiro de 2023

Ángel Facio Villanueva
Xerente da Área Sanitaria de Ferrol