Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 2023 Páx. 17880

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Covelo

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de reforma interior do polígono de execución urbanística (PEU)-1 do Plan xeral de ordenación municipal.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Covelo, en sesión do 15 de febreiro de 2023, aprobou inicialmente o Plan especial de reforma interior do polígono de execución urbanística (PEU)-1 do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Covelo.

De acordo co previsto no artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública a documentación do Plan especial de reforma interior do PEU-1 do PXOM do Concello de Covelo polo prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo ou obter copias, para que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes, na sede electrónica deste concello (http://covelo.sedelectronica.es).

Covelo, 20 de febreiro de 2023

Juan Pablo Castillo Amigo
Alcalde