Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 2023 Páx. 17587

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 14 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello da Laracha (expediente IN407A 2022/338-1).

Expediente: IN407A 2022/338-1.

Solicitante/promotora: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Denominación: reforma LMT A Cachada e novo CT Os Marcos.

Concello: A Laracha.

1. Características técnicas:

– Modificación do apoio nº 18 da LMT aérea Cillobre-Estramil-Lendo (expediente 51.892) de formigón tipo HV-1600/13 consistente na instalación dun (1) novo paso aéreo-soterrado (PA/S) e un (1) xogo de pararraios autoválvulas 18 kV/10 kA. Neste apoio atópase a orixe da LMT aérea A Cachada.

– Substitución do apoio nº 18-3 da LMT aérea A Cachada (expediente 52.221) de formigón tipo HV-250/13 existente polo novo apoio metálico tipo C-3000/14, en que se proxecta a instalación dun (1) novo paso aéreo-soterrado (PA/S), un (1) xogo de pararraios autoválvulas 18 kV/10 kA e de protección forrada antiescalada ata unha altura mínima de 2,50 metros.

– Desmontaxe do treito de 296 metros de lonxitude en condutor tipo LA-30 da LMT A Cachada (expediente 52.221) comprendido entre o apoio nº 18 da LMT aérea Cillobre-Estramil-Lendo (expediente 51.892) modificado e o novo apoio nº 18-3 da LMT aérea A Cachada (expediente 52.221) proxectado. Esta actuación implica, ademais, a retirada dos apoios de formigón sobre os que se atopa tendido o condutor que se vai retirar.

– Modificación, mantendo o seu actual trazado, do treito de 693 metros de lonxitude da LMT A Cachada (expediente 52.221) comprendido entre o novo apoio nº 18 -3 proxectado e o apoio nº 18-8 de formigón tipo HV-1600/15 existente, consistente na substitución do actual condutor nu tipo LA-30 polo novo condutor, tamén nu, tipo LA-56. Esta actuación implica, ademais, a substitución de catro (4) apoios de formigón existentes por novos apoios metálicos tipo celosía e de formigón.

– Desmontaxe do CT Os Marcos tipo intemperie instalado no apoio de formigón nº 18-2 da LMT A Cachada, de 25 kVA de potencia e relación de transformación 15/0,4-0,23 kV (expediente IN407A 2019/233-1).

– Instalación, en substitución do anterior, na parcela con referencia catastral 15042A01300012, do novo CT Os Marcos, prefabricado de formigón de manobra interior, de 50 kVA de potencia e relación de transformación 15/0,4-0,23 kV, cunha configuración de celas 2L+1P con illamento e corte en SF6, dotado do seu correspondente conxunto de dispositivos de protección e manobra e de cadro de baixa tensión con catro (4) saídas.

– Nova liña eléctrica de media tensión soterrada, a 20 kV (tensión de servizo: 15 kV), de 617 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×150 mm2 Al), coa orixe no novo paso aéreo-soterrado (PA/S) instalado no apoio nº 18 da LMT aérea Cillobre-Estramil-Lendo (expediente 51.892) e remate no novo paso aéreo-soterrado (PA/S) instalado no apoio nº 18-3 proxectado, tras entrar e saír no novo CT Os Marcos.

– Instalación dunha (1) liña soterrada de baixa tensión (RBTS), de 29 metros de lonxitude en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4(1×240 mm2 Al), coa orixe no cadro de baixa tensión do novo CT Os Marcos proxectado e remate no acoplamento coa rede de baixa tensión existente proxectado no paso soterrado-aéreo que se vai instalar no apoio de formigón tipo HV-630/9 existente.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG nº 54, do 19 de marzo).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE nº 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE nº 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 14 de febreiro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Concello da Laracha.

Reforma LMT A Cachada e novo CT Os Marcos.

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (LMT aérea-apoios)

LMT aérea-voo (servidume de paso de enerxía eléctrica)

LMTS (servidume de paso de enerxía eléctrica soterrada)

Afección pleno dominio
(centro de transformación)

Natureza do terreo

Nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude

Superficie (m2)

Lonxitude

Superficie (m2)

Superficie edificio (m2)

Beirarrúa

Acceso

1

Jenaro Varela Ríos

15042A01300178

Marcos de Diante

(polígono 13, parcela 178)

6

17

Labor ou labradío secaño

2

Gerardo, Amparo, Manuel, Luis e Élida Varela Viña (20 % da propiedade cada un)

15042A01300012

Terreiro

(polígono 13, parcela 12)

11

12

46

Matogueira

3

Jenaro Varela Ríos

15042A01300170

Monte de

Manos

(polígono 13, parcela 170)

18-3

2

6

96

5

14

Matogueira

4

José María Fuentes Esmorís

15042A01300205

Tenzas Boas (polígono 13, parcela 205)

9

162

Labor ou labradío

5

Julia Cambón Suárez

15042A01300165

Tenza

(polígono 13, parcela 165)

57

889

Matogueira

6

Tomás Fuentes Regueira

15042A01300166

Tenza

(polígono 13, parcela 166)

18-4

2

49

779

Matogueira

7

Santiago Mañana Sánchez

15042A01300160

Chousa Grande (polígono 13, parcela 160)

28

244

Labor ou labradío secaño

8

José Canedo Arijón

15042A01300167

Tenzas Boas (polígono 13, parcela 167)

88

1.409

Matogueira

9

Descoñecido

15042A01300162

Chousa Grande (polígono 13, parcela 162)

35

552

Matogueira

10

Descoñecido

15042A01800068

Chousa Grande (polígono 18, parcela 68)

155

2.470

Millo

11

José Manuel Santos Muñiz

15042A01800092

Chousa Grande (polígono 18, parcela 92)

18-6

2

77

1.221

Prados ou pradarías

12

Descoñecido

15042A01800045

Brañón

(polígono 18, parcela 45)

17

272

Prados ou pradarías

13

Descoñecido

15042A01800044

Lumbade

(polígono 18, parcela 44)

45

716

Pastos

14

Manuel Esmorís Fernández

15042A01800018

Cachada

(polígono 18, parcela 18)

18-7

2

111

1.766

Piñeiral madeirable

15

Manuel Esmorís Fernández

15042A01800082

Cachada

(polígono 18, parcela 82)

6

93

Piñeiral madeirable