Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 2023 Páx. 17593

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 16 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Aranga (expediente IN407A 2022/235-1).

Expediente: IN407A 2022/235-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Milreu.

Concello: Aranga.

1. Características técnicas:

– Instalación de LMT aérea a 15 kV, de 833 metros de lonxitude, en condutor tipo LA-56, coa orixe no apoio nº 65 (matrícula: AWY0PT0Q) metálico tipo AM-C-2000/14 pertencente á LMT SDG-708 Couleiros-Fervenzas 8 (expediente 15.796) procedente da subestación Sidegasa-Teixeiro e remate no novo apoio nº 65-7-CT proxectado, metálico FL-C-2000/14-H35-CA (cs). Esta nova LMT proxéctase tendida sobre sete (7) novos apoios metálicos tipo celosía, desde o nº 65-1 ata o nº 65-7-CT.

–Novo transformador tipo intemperie de 50 kVA de potencia e relación de transformación 15/0,4-0,23 kV, dotado de pararraios autoválvulas, relé de imaxe térmica e cadro de baixa tensión (CBT), que se vai instalar no apoio nº 65-7-CT.

– Instalación de elementos de seccionamento tipo XS no apoio nº 65-1 proxectado.

– Rede de baixa tensión a 400/230 V, de 502 metros de lonxitude, en condutor tipo RZ 0,6/1 kV 3(1×150/80 mm2 Al/Alm), coa orixe no CBT e remate no acoplamento coa rede de baixa tensión existente que se vai realizar no novo apoio de formigón tipo HV-1000/9 proxectado.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG nº 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE nº 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE nº 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta a este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 16 de febreiro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Concello de Aranga LMT, CT e RBT Milreu

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio
(LMT aérea-apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

Nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude

Superficie (m2)

1

Claudino Sánchez Sánchez

Polígono 10, parcela 212

Ribeira

24,83

390,61

Carballeira

2

Abelardo Calvo

Sánchez

Polígono 10, parcela 486

Outeiro

65-1

2

155,87

2.510,31

Eucaliptos

65-2 (½)

1

3

Herdeiros de Luis Vázquez

Polígono 12, parcela 462

Outeiro

65-2 (½)

1

82,54

1.303,09

Eucaliptos

4

Descoñecido

Polígono 12, parcela 479

Codeso

65-3 (½)

1

10,82

108

Improdutivo

5

Fina Calvo Sánchez

Polígono 12, parcela 477

Codeso

26,35

604,74

Eucaliptos

6

Jesús Sánchez

Polígono 12, parcela 478

Leira de Abaixo

49,01

480

Prado

7

Claudino Sánchez Sánchez

Polígono 12, parcela 480

Medoñas de Abaixo

65-4

2

106,18

1.259

Carballeira

8

Celestina Sánchez Lata

Polígono 12, parcela 476

Cortiña

9,12

118

Prado

9

Descoñecido

Polígono 12, parcela 475

Agra de Silvaredonda

56,81

806,45

Monte alto

10

Claudino Sánchez Sánchez

Polígono 13, parcela 80

Mimo

26,35

604,74

Prado

11

Domingo Antonio

Ribas Campos

Polígono 13, parcela 82

Chousa Barreiras

65-5 (½)

1

96,34

931

Eucaliptos

12

Claudino Sánchez Sánchez

Polígono 13, parcela 274

Terreo de Arriba

65-5 (½)

1

28,14

514,8

Prado

13

Descoñecido

Polígono 13, parcela 275

Mimo

16,45

Eucaliptos

14

Raimundo Calvo

Sánchez

Polígono 13, parcela 276

Mimo

65-6 (½)

1

22,31

337,81

Eucaliptos

15

Descoñecido

Polígono 12, parcela 476

Sobre da Casa

65-6 (½)

1

66,5

1.065,07

Eucaliptos

65-7-CT

2