Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2023 Páx. 17423

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto de interese autonómico das instalacións do parque eólico A Espada, situado nos concellos de Agolada e Lalín (Pontevedra) e Antas de Ulla (Lugo), promovido por Naturgy Renovables, S.L.U. (expediente IN408A 2019/056).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, pola Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, e polo artigo 46 da Lei 7/2022, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante/promotora: Naturgy Renovables, S.L.U.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación do proxecto: parque eólico A Espada.

Concellos afectados: Agolada e Lalín (Pontevedra) e Antas de Ulla (Lugo).

Potencia que se vai instalar: 36 MW.

Potencia máxima evacuable: 33,3 MW.

Produción neta anual estimada: 106.800 MWh/ano.

Orzamento de execución material (sen IVE): 37.765.347,95 €.

Localización (coordenadas UTM, fuso 29 ETRS89):

Coordenadas que definen a poligonal do parque eólico:

Vértice poligonal

Parque eólico A Espada

ETRS89

UTM29N-X

UTM29N-Y

A

580.300

4.739.100

B

584.300

4.739.100

C

584.300

4.731.700

D

579.100

4.731.700

E

577.500

4.736.600

Localización dos aeroxeradores:

Aeroxerador

Parque eólico A Espada

ETRS89

UTM29N-X

UTM29N-Y

AE-01

579.455,48

4.732.299,39

AE-02

579.404,61

4.732.975,00

AE-03

579.021,58

4.733.587,09

AE-04

579.454,22

4.734.092,52

AE-05

578.496,96

4.735.715,28

AE-06

582.268,03

4.735.964,25

AE-07

581.270,44

4.738.161,66

AE-08

581.646,00

4.734.427,00

Localización da subestación:

Subestación

Parque eólico A Espada

ETRS89

UTM29N-X

UTM29N-Y

CT/SUB

579.580,97

4.732.800,22

CT/SUB_ENV

579.563,47

4.732.832,47

CT/SUB_ENV

579.612,40

4.732.822,18

CT/SUB_ENV

579.600,87

4.732.767,37

CT/SUB_ENV

579.551,94

4.732.777,67

Localización da torre meteorolóxica:

Torre meteorolóxica

Parque eólico A Espada

ETRS89

UTM29N-X

UTM29N-Y

TM

579.795,96

4.734.059,06

As características técnicas principais das instalacións de xeración, transformación e interconexión do parque eólico son as seguintes:

• 8 aeroxeradores modelo Nordex N155 de 4.500 kW de potencia nominal unitaria cunha altura de torre de 122,5 metros e cun diámetro de rotor de 155 metros.

• 8 centros de transformación, instalados unitariamente no interior da góndola de cada aeroxerador, formados por transformadores de 4.800 kVA de potencia nominal e relación de transformación 0,69/30 kV, celas de 30 kV e os correspondentes equipos de protección, telemando e demais elementos auxiliares.

• Rede subterránea a 30 kV, con condutor tipo RHZ1 2OL (S) 18/30 kV Al +H16, para a evacuación da enerxía xerada e interconexión entre os centros de transformación 0,69/30 kV e a subestación transformadora 30/220 kV.

• Unha torre meteorolóxica autosoportada de 122,5 m de altura.

• Subestación transformadora 30/220 kV, con edificio de control, transformador de potencia trifásico de 35/40 MVA ONAN/ONAF, transformador de servizos auxiliares de 50 kVA de potencia nominal e relación de transformación 30/0,42-0,242 kV, equipos de seccionamento, medida, protección, telemando e demais elementos auxiliares.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.a) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

De acordo co disposto polo artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e polas demais normas de aplicación, relacionadas ao inicio desta resolución, constitúen o obxecto da información pública os seguintes documentos: proxecto de execución (asinado o 29.11.2022 e visado o 1.12.2022), estudo de impacto ambiental (asinado o 14.2.2023) e o proxecto de interese autonómico (asinado o 29.11.2022 e visado o 1.12.2022).

Esta documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da sección de Enerxía das xefaturas territoriais da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, 43, 5º, 36071 Pontevedra) e de Lugo (rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa, respectivamente, no teléfono 986 80 52 11, e no correo electrónico enerxia-minas.ceei.ourense@xunta.gal ou no teléfono 988 38 67 35, así como nos concellos de Agolada e Lalín (Pontevedra) e Antas de Ulla (Lugo), e na Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico subdireccion.enerxia@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 45 79/981 54 55 73. Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

O que se fai público para coñecemento xeral e para que as persoas interesadas poidan examinar os documentos indicados anteriormente e presentar as alegacións que consideren oportunas no prazo de 30 días, contados a partir da última publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2023

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais