Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 9 de marzo de 2023 Páx. 17122

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 23 de febreiro de 2023 polo que se notifica a resolución do recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 18 de decembro de 2017 ditada no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/461/2016-RP1.2.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 11 de novembro de 2022, resolución pola que se desestima o recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 18 de decembro de 2017, ditada no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/461/2016-RP1, ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, confirmando, en consecuencia, a resolución impugnada.

Ao non se poder realizar a notificación persoal daquela resolución á persoa interesada con documento nacional de identidade número 53113949A, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a dita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á persoa interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que é definitiva en vía administrativa, a persoa interesada pode interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste, e lle sirva de notificación ácitada a persoa interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2023

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística