Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 9 de marzo de 2023 Páx. 17115

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2023 pola que se fai público o cofinanciamento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, contrato administrativo de obra de mellora do sistema de saneamento no concello de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) (expediente OH.336.1145PC).

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a seguir se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Poder adxudicador:

1.1) Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

1.2) Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3) Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.

1.4) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

1.5) Código NUTS: ES111.

1.6) Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7) Fax: 981 95 74 03.

1.8) Teléfono: 981 95 74 01.

1.9) Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10) Perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no Portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:

2.1) Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2) Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Códigos CPV: 45232410-9 (Obras de saneamento).

4. Código NUTS da localización principal do servizo: ES114 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

5. Descrición do obxecto da licitación: obra de mellora do sistema de saneamento no concello de Vilagarcía de Arousa. Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). Clave do expediente: OH.336.1145PC.

O proxecto define e valora as actuacións para solucionar as deficiencias no funcionamento do sistema de saneamento de Vilagarcía de Arousa, mediante a renovación da rede na avenida Rodrigo de Mendoza na marxe esquerda do río Con, a construción de 2 tanques de tormentas no aparcamento público do Fexdega e na rúa García Camaño, a conexión de ambos tanques de tormentas coa rede existente e a execución dun novo tramo de colector na avenida de Cambados.

O contrato comprende as seguintes actuacións:

Tanques de tormentas:

– Tanque de tormentas Fexdega, situado na avenida Rodrigo de Mendoza. Terá unha capacidade de 2.080 m3.

– Tanque de tormentas Praza, situado na rúa Valle Inclán terá unha capacidade de 3.700 m3.

Ambos tanques están compostos polos seguintes elementos: unha cámara en liña, unha cámara de retención, unha cámara de desbaste, pozo de bombeo, cámara de chaves e cámara de alivio. Dispoñen tamén de baruto aliviadoiro de limpeza automático e chapa deflectora para minimizar o vertido de sólidos flotantes ao medio. Instalarase unha válvula antirretorno tipo pinza para evitar a entrada de auga.

Os alivios dos tanques verten ao río Con a través de 2 colectores de PVC con diámetros 800 mm o de Fexdega e 1000 mm o de Praza. Disporán tamén de sistema de desodorización mediante ionización de aire atmosférico.

Rede de colectores:

– Colector avenida Rodrigo Mendoza: parte desde a glorieta Luz Salgado ata o tanque Fexdega. Dividirase en 2 tramos, un cunha lonxitude de 327 m en tubaxe PVC 630 mm e outro tramo cunha lonxitude de 243 m de PRFV 700 mm. Executaranse tamén tramos para o entroncamento da rede existente a este colector así como tramos auxiliares. Proxéctanse tamén 16 pozos de rexistro con diámetros entre 1.000 mm e 1.500 mm.

– Alivio tanque de tormentas Fexdega: executarase en tubaxe PVC 800 mm, cunha lonxitude de 29 m.

– Impulsión desde o tanque de tormentas Fexdega: terá unha lonxitude de 265 m de lonxitude, en PEAD de 280 mm.

– Colector Rúa García Caamaño: executarase en tubaxe de PVC de 500 mm, terá unha lonxitude de 162 m, desde a descarga da impulsión do tanque Fexdega ata a conexión coa condución existente que discorre baixo o río Con. Proxéctase tamén un tramo auxiliar.

– Colector marxe dereita río Con: esta condución, cunha lonxitude de 80 m en tubaxe PRFV de 800 mm, recollerá o efluente da marxe dereita do río Con.

– Colector cruce río Con: esta condución levará o efluente da marxe dereita e esquerda do río Con ata o novo tanque de tormentas Praza, mediante un predio de 38 m de lonxitude.

– Alivio do tanque de tormentas Praza: executarse en tubaxe PVC 1.000 mm cunha lonxitude de 15 m.

– Impulsión desde o tanque de tormentas Praza: en FD de 450 mm, cunha lonxitude de 740 m, discorrerá desde o tanque de tormentas Praza ata o pozo de rotura de carga.

– Colector de conexión da impulsión do tanque Praza coa rede existente.

– Colector avenida Cambados: terá unha lonxitude de 181 m en tubaxe PVC 500 mm.

6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, suxeito a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.

7. Orzamento base de licitación: importe neto: 8.166.049,55 euros. Importe total: 9.880.919,96 euros.

8. Valor estimado do contrato: 8.166.049,55 euros, coincide co orzamento base de licitación sen IVE.

9. Prazo de execución do contrato: 24 meses.

10. Criterios de adxudicación:

10.1) Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes se seleccionou a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

10.2) Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 51 %), memoria descritiva do proceso de execución da obra (ponderación 15 %), medidas para o impulso demográfico (ponderación 10 %), programa de construción da obra (ponderación 8 %), plan de control de calidade da execución da obra (ponderación 6 %), plan de proba dos equipos electromecánicos ou automatismos (ponderación 4 %), memoria das condicións ambientais de execución da obra e xestión de residuos (ponderación 4 %) e melloras de índole técnica vinculadas á execución da obra (ponderación 2 %).

11. Data da adxudicación do contrato: 22 de setembro de 2022.

12. Número de ofertas recibidas:

12.1) Ofertas totais: 17.

12.2) Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 14.

12.3) Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

12.4) Ofertas por vía electrónica: si.

13. Data de formalización ou celebración do contrato: 24 de outubro de 2022.

14. Empresa contratista:

14.1) Nome da empresa ou no seu caso UTE: Petrolam Infraestructuras, S.L.

14.2) NIF: B32304115.

14.3) Enderezo: rúa do Progreso, 153-2º, 32003 Ourense.

14.4) Código NUTS: ES113.

14.5) Correo electrónico: petrolam@petrolam.es

14.6) Fax: 988 60 90 01.

14.7) Teléfono: 696 45 83 00.

14.8) Pequena ou mediana empresa: si.

15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 7.440.904,35 euros. Importe total: 9.003.494,26 euros.

16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Esta actuación cofinanciarase pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

A actuación enmárcase dentro do programa operativo no obxectivo temático 6 «Conservar e protexer o ambiente e promover a eficiencia dos recursos»; prioridade de investimento 6.2 «Investimento no sector da auga para cumprir os requisitos do acervo da Unión en materia de medio ambiente e para dar resposta ás necesidades, identificadas polos Estados membros, dun investimento que vaia máis alá dos ditos requisitos»; obxectivo específico 6.2.1 «Culminar os requisitos da Directiva marco da auga a través do investimento en infraestruturas de saneamento, depuración e reutilización de augas residuais, e mellora da calidade da auga»; actuación 6.2.1.2 «Reforma e optimización dos sistemas de saneamento das rías galegas» (segundo o documento criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO); operación de «mellora dos sistemas de saneamento e depuración na ría de Arousa. Aglomeración de Vilagarcía de Arousa».

Polo que se deberán observar os criterios de elixibilidade, xestión, publicidade e control propios dos documentos de programación e da normativa comunitaria de aplicación ao Feder. Respectaranse, polo tanto, as normas de subvencionabilidade do gasto do programa operativo do citado fondo europeo, así como as normas de información e publicidade establecidas nas guías de publicidade e nas demais normas comunitarias que sexan de aplicación.

17. Servizo do que se poida obter información sobre o contrato formalizado.

17.1) Nome: contratación de Augas de Galicia.

17.2) Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.

17.3) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

17.4) Código postal: 15781.

17.5) Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

17.6) Fax: 981 95 74 03.

17.7) Teléfonos: 981 95 74 01.

18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: DOUE nº 2022/S28-70292, do 9 de febreiro de 2022.

19. Información acerca do acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo acordo sobre contratación pública.

20. Outras informacións:

Data de envío do anuncio de licitación ao Diario Oficial de la Unión Europea: 25 de outubro de 2022.

Publicidade do anuncio de licitación no Diario Oficial de la Unión Europea: 9 de febreiro de 2022.

Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 9 de febreiro de 2022.

Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 22 de setembro de 2022.

Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 25 de outubro de 2022.

Publicidade do anuncio de formalización do contrato no Diario Oficial de la Unión Europea: 28 de outubro de 2022.

Publicidade do anuncio de formalización do contrato no perfil de contratante: 28 de outubro de 2022.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2023

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia