Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 9 de marzo de 2023 Páx. 17124

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 24 de febreiro de 2023 polo que se somete a información pública a solicitude de modificación substancial da concesión outorgada ao Club Náutico San Telmo para a explotación das instalacións para embarcacións menores deportivas no porto de Tui.

Logo de solicitude do concesionario Club Náutico San Telmo, a presidenta de Portos de Galicia acordou o día 17 de febreiro de 2023 iniciar o trámite de modificación substancial da concesión outorgada ao Club Náutico San Telmo para a explotación das instalacións para embarcacións menores deportivas no porto de Tui.

O obxecto da modificación é a inclusión do servizo de pasaxe nas actividades que se van desenvolver na concesión.

En cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, faise público, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/portada, usando o procedemento xenérico PR0004A, ou nun rexistro habilitado para o efecto, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 2023

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia