Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 7 de marzo de 2023 Páx. 16710

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 27 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se dá publicidade ao proxecto de restauración da área ocupada polo establecemento de beneficio para elaboración de lousa sito dentro da concesión de explotación denominada Domedelo número 4362, no concello de Carballeda de Valdeorras, provincia de Ourense.

De conformidade co artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, faise público o proxecto de restauración, promovido por Nova Piznor, S.L., da área ocupada polo establecemento de beneficio para elaboración de lousa sito dentro da concesión de explotación denominada Domedelo nº 4362, no concello de Carballeda de Valdeorras, provincia de Ourense.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán consultar o proxecto nas dependencias desta xefatura territorial (rúa Curros Enríquez, 1, 3ª, 32003 Ourense), ou ben no portal de transparencia da consellería, https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras, e poderán presentar alegacións, no prazo de trinta (30) días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, por calquera dos medios que establece o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ourense, 27 de febreiro de 2023

Alicia Maria López Míguez
Xefa territorial de Ourense