Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 7 de marzo de 2023 Páx. 16705

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 16 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) do proxecto do parque eólico Pena dos Mouros, nos concellos de Camariñas, Vimianzo e Laxe (A Coruña) (expediente IN408A/2020/063).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e na Lei 9/2001, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e nas demais normas vixentes de aplicación, sométese á información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:

Solicitante/promotora: EDP Renovables España, S.L.U. (CIF B-91115196).

Domicilio social: rúa Serrano Galvache 56-3º andar, edificio empresarial Parque Norte, 28033 Madrid.

Enderezo para os efectos de notificacións: rúa Amio 114, parque empresarial Costa Vella, 15702 Santiago de Compostela (A Coruña).

Denominación do proxecto: parque eólico Pena dos Mouros (exp. IN408A/2020/063).

Concellos afectados: Vimianzo, Camariñas e Laxe (A Coruña).

Potencia que se vai instalar: 40 MW.

Nº de aeroxeradores que se van instalar: 8 ud. × 5 MW/ud.

Produción media neta estimada: 152,93 Gwh/ano.

Horas netas anuais equivalentes á potencia nominal: 3.823 horas.

Orzamento de execución material: 41.765.981 €.

Prazo de execución: noventa e cinco (95) semanas.

Localización (área de afección):

Parque eólico Pena dos Mouros

ADE

Pena Forcada

Parque eólico Pena dos Mouros

Vértice poligonal

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concellos

X

Y

1

486.154,39

4.780.002,55

Camariñas

2

486.858,78

4.780.070,46

Camariñas

3

487.156,14

4.779.428,03

Camariñas

4

487.718,47

4.779.298,26

Camariñas

5

489.009,08

4.778.262,42

Camariñas

6

491.850,27

4.780.855,97

Camariñas

7

498.577,16

4.779.269,64

Laxe

8

495.739,80

4.776.305,60

Vimianzo

9

488.374,60

4.776.643,95

Camariñas

10

485.959,35

4.779.833,25

Camariñas

Parque eólico Pena dos Mouros

Aeroxerador

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concellos

X

Y

PDM-01

493.042,19

4.779.221,63

Vimianzo

PDM-02

494.152,38

4.779.995,38

Vimianzo

PDM-03

494.522,18

4.779.740,75

Vimianzo

PDM-04

494.765,11

4.779.455,93

Vimianzo

PDM-05

495.037,26

4.779.196,94

Vimianzo

PDM-06

495.321,24

4.778.949,67

Vimianzo

PDM-07

486.264,55

4.779.792,54

Camariñas

PDM-08

486.774,00

4.779.747,54

Camariñas

Parque eólico Pena dos Mouros

Torre meteorolóxica

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concellos

X

Y

TM

494.686,00

4.779.107,00

Vimianzo

Parque eólico Pena dos Mouros

Celas de MT en la SET Monte Chan

Coordenadas UTM fuso 29 ETRS89

Concellos

X

Y

12

498.295,91

4.779.112,23

Laxe

13

498.296,41

4.779.112,57

Laxe

14

498.296,90

4.779.112,91

Laxe

15

498.297,40

4.779.113,24

Laxe

16

498.297,89

4.779.113,58

Laxe

Características técnicas da instalación:

– Oito (8) aeroxeradores tripá, modelo Siemens-Gamesa SG145 ou similar, de potencia nominal unitaria 5 MW, diámetro do rotor de 145 m e altura ata a buxa de 127,5 m.

– Oito (8) centros de transformación trifásicos montados no interior de cada aeroxerador, de illamento seco, relación de transformación 0,69/30 kV e potencia aparente unitaria 5.000 kVA.

– Unha (1) torre meteorolóxica de 127,5 m de altura total.

– Un sistema colector de media tensión formado por catro (4) circuítos de tensión nominal 30 kV en instalación soterrada, que ten como obxecto a canalización da enerxía xerada polas aeroturbinas ata a subestación colectora transformadora Monte Chan 30/220 kV. O cable usado para esta rede será de tipo AL-RHZ1-0L-18/30 kV, de diferentes seccións (150, 240, 300, 400, 500 e 630 mm²).

– Instalarase unha liña de terra común para todo o parque, que forma un circuíto equipotencial de posta á terra.

– Tamén se instalará unha rede de comunicacións, a base de fibra óptica, para a operación e o control do parque.

– As redes de media tensión, de comunicacións e de terra discorrerán soterradas na mesma gabia ata a subestación.

– Ben que a subestación Monte Chan 30/220 kV non forma parte deste expediente, instalaranse nela, coa finalidade de evacuar a enerxía producida no parque eólico Pena dos Mouros e como obxecto deste proxecto, os seguintes elementos:

• Catro (4) celas de liña.

• Unha (1) cela de batería de condensadores.

• Unha (1) batería de condensadores 3 MVAr, 30 kV.

• Un (1) interruptor trifásico unipolar.

– A enerxía eléctrica xerada polo parque eólico Pena dos Mouros evacuarase a través dunha liña de alta tensión que vai desde a subestación Monte Chan 30/220 kV ata a subestación Meirama.

– Non forman parte do alcance deste proxecto nin a subestación Monte Chan 30/220 kV (expediente IN408A 2020/062) nin a liña de alta tensión que a conecta coa subestación Meirama. Ambos os expedientes están en tramitación e son promovidos por EDP Renovables España, S.L.U.

Obxecto da información pública:

A solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto de interese autonómico (PIA) das instalacións.

Documentación que se expón:

1. A modificación substancial ao proxecto de execución (visado 24.1.2023).

1.1. Plano xeral do proxecto.

2. O estudo de impacto ambiental (EIA) (asinado o 2.2.2023).

3. O proxecto de interese autonómico (PIA) (asinado o 23.1.2023).

De conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, o proxecto faise público para o coñecemento xeral, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada, e no seu caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (rúa Vicente Ferrer núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña, teléfonos 981 18 49 83 e 981 18 49 17), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, así como nas casas do concello de Camariñas, Vimianzo e Laxe (A Coruña). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación a través da seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

A Coruña, 16 de febreiro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña