Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTA, CTI e RBTA Esposende II, no concello de Cenlle (expediente IN407A 2021/84-3), correspondentes aos predios e titularidades que se sinalan no cadro anexo.
O texto íntegro das referidas follas de valoración está ao dispor das persoas interesadas na sede da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de Ourense, situada na rúa Curros Enríquez, nº 1, 4º andar, 32003 Ourense, tras solicitar cita previa no teléfono 988 38 67 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión das correspondentes follas ao enderezo que sinalen.
Transcorrido o dito prazo de dez días sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Ourense, 20 de febreiro de 2023
Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados
Nº de expediente: IN407A 2021/84-3.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: LMTA, CTI e RBTA Esposende II.
Concello: Cenlle.
Predio nº |
Lugar |
Referencia catastral |
Titular |
Incidencia |
Data da ocupación |
3 |
O Campo |
32026A021002070000TB |
Gumersindo Veloso Covelo |
Notificación infrutuosa |
9.6.2022 |
6 |
Rodal 1000 |
32026A02101000000TM |
CMVMC de Santa María de Cenlle |
Notificación infrutuosa |
9.6.2022 |
8 |
Rodal 1000 |
32026A02301000000TU |
CMVMC de Santa María de Cenlle |
Notificación infrutuosa |
9.6.2022 |
10 |
Rodal 1000 |
32026A03201000000TT |
CMVMC de Santa María de Cenlle |
Notificación infrutuosa |
9.6.2022 |
12 |
Santa Bárbara |
32026A032001810000TA |
CMVMC de Santa María de Cenlle |
Notificación infrutuosa |
9.6.2022 |
14 |
Santa Bárbara |
32026A03201830000TY |
CMVMC de Santa María de Cenlle |
Notificación infrutuosa |
9.6.2022 |
18 |
Rodal 1000 |
32026A033010000000TB |
CMVMC de Santa María de Cenlle |
Notificación infrutuosa |
9.6.2022 |