Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 7 de marzo de 2023 Páx. 16716

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 20 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se lles notifican aos interesados as afeccións por construción dunha instalación eléctrica prevista nos concellos de Coles e Ourense, na provincia de Ourense.

Mediante o Acordo do 23.12.2022, da Xefatura Territorial de Ourense, foi sometida a información pública a solicitude das autorizacións administrativas previa e de construción e da declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica nos concellos de Coles e Ourense (expediente IN407A 2022/229-3), o cal foi publicado no DOG do 19.1.2023, realizando, ao mesmo tempo, a notificación aos particulares afectados.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os titulares dos predios que se relacionan no anexo para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

Os interesados, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en Ourense, na rúa Curros Enríquez, nº 1-3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 20 de febreiro de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Núm. de expediente: IN407A 2022/229-3.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTA, CTI e RBTA Pobadura.

Termos municipais: Ourense e Coles.

Predio núm. en proxecto: 7.

Lugar: Printal.

Cultivo: labor.

Titular: María Delfina Dacal González (domicilio descoñecido).

Afeccións: servidume voo: 118 m2.

Predio núm. en proxecto: 10.

Lugar: Os Campos.

Cultivo: prado.

Titular: descoñecido.

Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. 3; servidume voo: 102 m2.

Predio núm. en proxecto: 11.

Lugar: Os Campos.

Cultivo: prado.

Titular: descoñecido.

Afeccións: servidume voo: 176 m2.

Predio núm. en proxecto: 13.

Lugar: Os Campos.

Cultivo: prado.

Titular: Nieves Carballo (domicilio descoñecido).

Afeccións: servidume voo: 567 m2.

Predio núm. en proxecto: 14.

Lugar: Restreba de Abaixo.

Cultivo: prado.

Titular: Nieves Carballo (domicilio descoñecido).

Afeccións: ocupación de 14 m2 para o apoio núm. CT; servidume voo: 140 m2.