Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar …», mediante o presente anuncio comunícaselles a todas as persoas interesadas nos pagamentos dos prezos xustos polos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS, CT Ventín a Fornelos, que se realizarán na Casa do Concello de Fornelos de Montes, segundo o calendario e horario que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si mesmas ou representadas por persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
Vigo, 20 de febreiro de 2023
Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2021/289-4.
Entidade beneficiaria: Electrica de Moscoso, S.L.
Denominación da instalación: LMTS, CT Ventín a Fornelos
Concello: Fornelos de Montes.
Predio |
Referencia catastral |
Titularidade |
Data |
Hora |
1 |
36019A019004340000EZ |
Descoñecida |
25 de abril de 2023 |
13.00 |