Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 3 de marzo de 2023 Páx. 16343

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Oza-Cesuras (expediente IN407A 2022/044-1).

Expediente: IN407A 2022/044-1.

Promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMT, CTI e RBT Pexegueiros.

Concello: Oza-Cesuras.

Feitos:

1. O día 15.2.2022, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da dita instalación de distribución eléctrica.

Achegou o proxecto que inclúe memoria, planos e orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que abrangue os seguintes documentos:

1º. Proxecto de execución denominado LMT CTI RBT Pexegueiros, asinado por Victoriano Gónzalez Lemos, enxeñeiro técnico industrial, esp. electricidade, número de colexiado 2.980 de Vigo, o 15.12.2021, con número de visado 22102252, do 16.12.2021.

2º. Proxecto de execución denominado anexo, asinado por Javier Fernández Mitre, enxeñeiro industrial, número de colexiado 15.670 de Madrid, o 1.6.2022.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante resolución publicada nos seguintes medios:

1º. Acordo de información pública: 23 de agosto de 2022.

2º. DOG: 15.9.2022.

3º. BOP: 31.8.2022.

4º. Xornal La Voz de Galicia: 1.10.2022.

5º. Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do alcalde, do 20.10.2022.

3. Durante o período en que se someteu ao trámite de información pública, o Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG) achegou unha alegación en que suliñaba que o proxecto técnico asinado por un enxeñeiro técnico industrial non especificaba a especialidade deste, solicitando a denegación das autorizacións por non quedar acreditada a competencia do técnico proxectista. Desta alegación déuselle traslado á empresa promotora, que respondeu na defensa dos seus intereses.

A empresa promotora contestou ao requirimento, reafirmando a competencia do técnico proxectista amparándose na normativa vixente aplicable e na xurisprudencia emanada do Tribunal Supremo. A maiores, enviou unha certificación do Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo, en que se indica que Victoriano González Lemos ten a especialidade de electricidade.

4. Foi solicitado o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas, isto é, ao Concello de Oza-Cesuras e a Augas de Galicia. No día desta resolución non consta no expediente resposta dos organismos requiridos, polo que se entende a súa conformidade coa autorización, tal como se dispón no artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

5. O 27.1.2023, foi emitido o preceptivo informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, no Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

– LMTA a 15 kV (actuación nº 1), de 172 m, condutor tipo LA-56 Al, con orixe no apoio nº 1 proxectado tipo C-18/2000, ao carón do apoio que se retirará AP2674AE//49 da LMT CES-705 e remate no apoio AP62MGGS//48 existente. Retensado en condutor LA-56 existente entre o apoio proxectado e o apoio AOTAP03X//50 existente. Retirada do condutor existente entre o apoio AP62MGGS//48 existente e o AP2674AE//49 que se retirará.

– LMTA a 15 kV (actuación nº 2), de 63 m, condutor tipo LA-56 Al, con orixe no apoio nº 1 proxectado da LMT CES-705 e remate no apoio nº 2 tipo C-12/2000 proxectado, onde se instalará o CT proxectado.

– CT intemperie, no lugar de Pexegueiros, sobre apoio tipo C-12/2000, cunha potencia de 50 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial, tanto das autorizacións previa e de construción como da idoneidade do enxeñeiro proxectista.

Consonte todo o sinalado,

RESOLVO:

a) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da dita instalación de distribución eléctrica.

b) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

c) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescripcións complementarias, se as houber, así coma das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

d) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro de 2015), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que considere axeitado.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 9 de febreiro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña