Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2023 Páx. 15885

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 7 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Cervantes (expediente IN407A 2022/219-2).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro) e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.

Denominación: regulamentación LMTA BCR807 en tramo entre o apoio nº 144 e o nº 177 (Cervantes).

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Características técnicas principais:

– Reforma da LMTA BCR807, a 20 kV, no tramo comprendido entre os apoios núms. 144 e 177, coa substitución de 24 apoios existentes (núms. 145, 146, 149, 150, 151, 153, 154, 157, 158, 159, 160, 161, 162, 163, 164, 165, 166, 167, 168, 169, 170, 171, 173 e 176) e cambio de condutor existente entre os apoios núms. 145 e 146, 149 e 150, 151 e 154, 159 e 162, 165 e 168, 169 e 170, 169 e CTI 27AA93 por outro de tipo LA-56, cunha lonxitude de 1.986 m. Cambio da cruceta dos apoios núms. 148 e 172 e desmontaxe dos XS con matrícula 27HD25 (no apoio 151), 27HT05 (no apoio 160) e do seccionador unipolar con matrícula 27H313 (no apoio 169), instalando no seu lugar tres seccionadores XS.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación, figura no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que consideren oportunas, no prazo de trinta días hábiles, contados desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo, poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial, de luns a venres, entre as nove da mañá e as dúas da tarde, e no seguinte enlace web da Consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/cervantes2

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados, segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 27 de xuño).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 7 de febreiro de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO I

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de regulamentación LMTA BCR807 en tramo entre o apoio nº 144 e o nº 177 (Cervantes).

Concello: Cervantes.

Expediente: IN407A 2022/219-2.

Ref. catastral

Apoio

Nº de predio

Pol.

Parc.

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

m2

4

14

156

Estrada

Prado

Hdros. de Dositeo Gómez Tellado

150 e 151

4.0

8

16

133

Seara

Monte alto

Mariana Araujo

158

2.0

17

132

486

Encima dos prados

Monte baixo

Descoñecido

167

2.0

19

132

509

Prado Santa Xude

Prado

Manuel Antolín Fernández Fernández

169

2.0

20

132

294

Tallo Viña

Monte alto

Manuel Antolín Fernández Fernández

171

2.0

21

132

74

Reboleira

Monte alto

Manuel Antolín Fernández Fernández

173

2.0

22

126

49

Coba

Monte alto

Descoñecido

176

2.0