Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2023 Páx. 15731

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan de actuación municipal contra os incendios forestais.

O Pleno deste concello, en sesión do 20.1.2023, aprobouse definitivamente o Plan de actuación municipal contra os incendios forestais do Concello de Pontevedra.

O plan non ten carácter normativo, polo que se debe entender como un plan especial de emerxencias no eido dos incendios forestais, de conformidade coa Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia. Neste sentido, as previsións que se efectúan respecto ás obrigas de terceiros consideraranse na medida en que reproducen preceptos legais de directa aplicación, e os planos que se inclúen terán carácter informativo. Isto salvo a súa tramitación complementaria, chegado o caso, como instrumento regulamentario e de conformidade coa Lei galega 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

O anuncio completo da súa aprobación, así como o plan, publícase na sede electrónica (https://sede.pontevedra.gal/), nas epígrafes Transparencia, información de planificación e plans de actuación. Facilitaráselle a ligazón actualizada (de ser o caso) a calquera persoa coa simple solicitude de palabra.

Un exemplar do plan aprobado para a consulta pública estará á disposición de calquera persoa interesada, ademais de na web ou na sede electrónica, na Dirección Xeral de Protección Cidadá, sita na rúa Churruchaos, 2, 2º.

Contra o acordo de aprobación definitiva, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o xulgado de Pontevedra competente desta orde, nos dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación (artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo).

Non obstante, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o órgano autor desta resolución ou acordo, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación (artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro). De optarse pola interposición do recurso de reposición, o recurso contencioso-administrativo non poderá interpoñerse ata que aquel se resolva expresamente ou por silencio administrativo.

O recurso de reposición deberase resolver e notificar no prazo dun mes, e entenderase rexeitado polo transcurso do devandito prazo sen resolución expresa e notificada (artigos 124.2 e 24.1 e 2 da Lei 39/2015). Neste último caso, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de seis meses, contados desde o día seguinte a aquel en que deba entenderse presuntamente desestimado (artigos 46.1 e 4 da Lei 29/1998).

Isto sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se considere e sexa conforme ao dereito.

Pontevedra, 3 de febreiro de 2023

Miguel Anxo Fernández Lores
Alcalde