Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2023 Páx. 15730

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de información pública do borrador do Convenio urbanístico entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Lugo para a recuperación e posta en valor do Pazo de Dona Urraca e a mellora da ordenación da UI-8.

Tras ser negociado e subscrito o borrador do Convenio urbanístico entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Lugo para a recuperación e posta en valor do Pazo de Dona Urraca e a mellora da ordenación da UI-8, de conformidade co establecido no artigo 168 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 401 do seu Regulamento (Decreto 143/2016, do 22 de setembro), sométese a información pública durante o prazo dun mes, durante o cal poderá consultarse e poderán formularse ante este concello as alegacións que se consideren convenientes.

O acceso ao contido do devandito convenio poderá realizarse na sede electrónica deste concello a través da seguinte ligazón:

https://concellodelugo.gal/gl/actuacions/planeamento-xestion-e-disciplina-urbanistica

Lugo, 19 de xaneiro de 2023

A alcaldesa
P.D. (Decreto 2973/2021)
Álvaro Santos Ramos
Tenente de alcalde delegado
da Área de Sostibilidade Urbana