Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2023 Páx. 15722

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo, co procedemento abreviado 30/2023.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo tramítase o recurso 30/2023 (procedemento abreviado), interposto por Silvia Méndez Lombán contra a Resolución do 30 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo aos/ás aspirantes seleccionados/as no concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal sanitario de formación profesional, convocado pola Resolución do 13 de decembro de 2019 (DOG núm. 245, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 21 de decembro de 2020 (categoría: técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía) (DOG núm. 234, do 12 de decembro).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2023

Ana Mª Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos