Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2023 Páx. 15723

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección Primeira, co procedemento ordinario 403/2022.

Na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección Primeira, tramítase o recurso 403/2022 (procedemento ordinario), interposto por Trinidad Bello Peteiro contra a Resolución da directora xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 15 de novembro de 2022, pola que se desestima o recurso de reposición interposto fronte á Resolución do 13 de xuño de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en diversas categorías de persoal sanitario de formación profesional, convocado pola Resolución do 13 de decembro de 2019, relativos á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as (categoría: técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico) (DOG núm. 119, do 22 de xuño).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2023

Ana Mª Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos