Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2023 Páx. 15721

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 6 de febreiro de 2023, da Zona Sur, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por UFD Distribución Electricidad, S.A. de concesión administrativa no porto de Bueu de ocupación do dominio público portuario soterrado e da instalación de rede existente titularidade de Portos de Galicia para a construción dunha canalización para o desenvolvemento da actividade de subministración eléctrica (expediente 13-17-22-C1).

UFD Distribución Electricidad, S.A. solicita a concesión administrativa para a ocupación do dominio público portuario soterrado de Bueu e da instalación rede existente titularidade de Portos de Galicia para a construción dunha canalización para o desenvolvemento da actividade de subministración eléctrica.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Saíd Armesto, 1-1º, 36002 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 6 de febreiro de 2023

Mateo Ruibal Fernández
Xefe da Zona Sur de Portos de Galicia