Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 2023 Páx. 15720

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 6 de febreiro de 2023, da Zona Sur, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por UFD Distribución Electricidad, S.A. de concesión administrativa no porto de Cambados de ocupación do dominio público portuario soterrado para a construción dunha canalización e regularización da rede existente para o desenvolvemento da actividade de subministración eléctrica (expediente 13-07-22-C3).

UFD Distribución Electricidad, S.A. solicita a concesión administrativa para a ocupación do dominio público portuario soterrado de Cambados para a construción dunha canalización e regularización da rede existente para o desenvolvemento da actividade de subministración eléctrica.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Saíd Armesto, 1, 1º, 36002 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 6 de febreiro de 2023

Mateo Ruibal Fernández
Xefe da Zona Sur de Portos de Galicia