Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2023 Páx. 15375

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadumia

ANUNCIO da convocatoria para a estabilización do emprego temporal incluída na oferta de emprego público extraordinaria de 2022.

No BOPPO núm. 228, do 29 de novembro de 2022, publicáronse integramente as bases xerais, e no BOPPO núm. 25, do 6 de febreiro de 2023, publicouse unha corrección de erros sobre as mesmas bases e as bases específicas que rexerán as convocatorias dos procesos selectivos para cubrir as prazas de estabilización do emprego temporal do Concello de Ribadumia, incluídas na oferta de emprego público extraordinario de 2022, de acordo coa Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, publicada no BOPPO núm. 95, do 19 de maio de 2022, e que a seguir se relacionan:

Denominación

Grupo

Nº de prazas

Sistema selectivo

Relación

Administrativo/a

C1

1

Concurso

Funcionario

Arquitecto/a técnico

A2

1

Concurso

Laboral

Traballador/a social

A2

1

Concurso

Laboral

Educador/a familiar

A2

1

Concurso

Laboral

Técnico/a de desenvolvemento local e xestión económica

A2

1

Concurso

Laboral

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos na forma prevista nas bases da convocatoria.

Ribadumia, 10 de febreiro de 2023

David José Castro Mougán
Alcalde