Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2023 Páx. 15373

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Gondomar

ANUNCIO de convocatoria de selección de persoal laboral fixo e persoal funcionario dentro do proceso de estabilización de emprego temporal (OEP extraordinaria), segundo a disposición adicional sexta da Lei 20/2021 (sistema de selección mediante concurso) e artigo 2 da mesma lei (sistema de selección mediante concurso-oposición).

As bases xerais e específicas reguladoras da convocatoria de selección de persoal laboral fixo e funcionario no proceso de estabilización de emprego temporal do Concello de Gondomar, tanto polo sistema de concurso como de concurso-oposición, publicáronse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP), número 247, do 28 de decembro de 2022. As prazas convocadas son:

Concurso. Persoal laboral fixo:

– 1 axudante de servizos varios.

– 1 axente de desenvolvemento local.

– 2 psicólogos/as.

– 1 traballador/a social.

– 1 axente de igualdade.

– 1 director/a de conservatorio.

– 1 profesor/a de música (vento-madeira).

– 1 profesor/a de música (violín).

– 1 profesor/a de música (guitarra).

– 1 profesor/a de música (piano).

Concurso. Persoal funcionario:

– 3 axudantes de servizos varios.

Concurso-oposición. Persoal funcionario:

– 1 axudante de servizos varios.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases de selección, faranse públicos na forma prevista nas propias bases da convocatoria.

Gondomar, 29 de decembro de 2022

Juan F. Ferreira González
Alcalde