Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2023 Páx. 15376

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Taboada

ANUNCIO da convocatoria para cubrir as prazas de administrativo/a de Rexistro e administrativo/a de Secretaría, por promoción interna mediante oposición.

Mediante a Resolución da Alcaldía do Concello de Taboada, do 31 de xaneiro de 2023, aprobáronse as bases e a convocatoria para cubrir unha praza de administrativo/a de Rexistro e unha praza de administrativo/a de Secretaría para este Concello de Taboada, por promoción interna mediante oposición restrinxida.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo, número 27, do 2 de febreiro de 2023, aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria para cubrir, por promoción interna mediante oposición restrinxida, as prazas vacantes obxecto da convocatoria cuxas características son:

Código do posto: 1005.

Denominación do posto: administrativo/a de Rexistro.

C.d.: 18.

C.e.: 5.967,36 euros.

Grupo: C1.

Escala: Administración xeral.

Subescala: técnica.

Titulación académica: bacharelato/técnico.

Número de vacantes: 1.

Código do posto: 1006.

Denominación do posto: administrativo/a de Secretaría.

C.d.: 20.

C.e.: 7.218,92 euros.

Grupo: C1.

Escala: Administración xeral.

Subescala: técnica.

Titulación académica: bacharelato/técnico.

Número de vacantes: 1.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

O sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos nas formas previstas nas propias bases.

Taboada, 2 de xaneiro de 2023

Ramiro Moure Ansoar
Alcalde