Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2023 Páx. 15370

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carnota

ANUNCIO referente á convocatoria para cubrir varias prazas incluídas na oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal do ano 2022.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña, número 241, do 22 de decembro de 2022, publicouse a convocatoria, así como as bases xerais e específicas, que deberán rexer os procesos selectivos para prover as seguintes prazas:

– Unha praza de arquitecto/a, a xornada parcial (80 %), como persoal laboral fixo, asimilada ao grupo A1, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de técnico/a xurídico/a de Urbanismo, a xornada completa, como persoal laboral fixo, asimilada ao grupo A1, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de técnico/a de Xestión Orzamentaria e Contable, a xornada completa, como persoal laboral fixo, asimilada ao grupo A1, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de técnico/a de Normalización Lingüística, a xornada completa, como persoal laboral fixo, asimilada ao grupo A1, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de axente de Desenvolvemento Local, a xornada completa, como persoal laboral fixo, asimilada ao grupo A1, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de axente de Desenvolvemento Local, a xornada completa, como persoal laboral fixo, asimilada ao grupo A2, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de animador/a sociocultural e director/a-profesor/a da Escola de Música, a xornada completa, como persoal laboral fixo, asimilada ao grupo A2, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de profesor/a de música, a xornada completa, como persoal laboral fixo, asimilada ao grupo A2, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de profesor/a de música, a xornada parcial (56 %), como persoal laboral fixo, asimilada ao grupo A2, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de técnico/a especialista de Informática de Xestión, a xornada completa, como persoal laboral fixo, asimilada ao grupo B, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de administrativo/a do Negociado de Deportes e Cultura e monitor/a de informática, a xornada completa, como persoal laboral fixo, asimilada ao grupo C1, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de electricista-fontaneiro, a xornada completa, como persoal laboral fixo, asimilada ao grupo C1, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Unha praza de profesor/a de música, especialidade de percusión, a xornada parcial (56 %), como persoal laboral fixo, asimilada ao grupo C1, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

– Una praza de profesor/a de música, especialidade de gaita, a xornada parcial (56 %), como persoal laboral fixo, asimilada ao grupo C1, para cubrir polo sistema de concurso, en quenda libre.

De conformidade co establecido na base quinta das bases xerais, o prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a estes procesos de selección publicaranse no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carnota.

Carnota, 1 de febreiro de 2023

Juan Manuel Saborido Rama
Alcalde