Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2023 Páx. 15364

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 10 de febreiro de 2023, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se notifica a proposta de Resolución do 16 de xaneiro de 2023, ditada no expediente sancionador da Coruña RITGA-E-2022-004302 (AC-050/22), por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle ao titular que no anexo se menciona a proposta de resolución de expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido efectuar a notificación.

Os interesados disporán dun prazo de quince días para formular as alegacións e presentar os documentos e informacións que consideren pertinentes perante o instrutor do procedemento, e lémbraselles o seu dereito a consultar o expediente, depositado nos locais da Área Provincial de Turismo da Coruña da Axencia Turismo de Galicia, sitos na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, A Coruña, en horario de atención ao público, e a obter, de ser o caso, as copias que consideren oportunas, de acordo co artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 10 de febreiro de 2023

Ana Teresa Cimas Hernando
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Expediente: RITGA-E-2022-004302.

Denunciado: Vicente Novo Cambón.

Establecemento: El Paso.

Enderezo: avenida A Penela, 4.

Localidade: Ortigueira.

Precepto infrinxido: artigo 109.2, letras a), b) e c) da Lei 7/2011.

Proposta de Resolución: 16 de xaneiro de 2023.

Sanción: multa de catrocentos euros (400 €).

Importe da multa coa aplicación do 20 % de desconto: trescentos vinte euros (320 €).

Importe da multa coa aplicación do 40 % de desconto: douscentos corenta euros (240 €).