Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2023 Páx. 15366

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 20 de xaneiro de 2023, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa de ocupación de dominio público portuario soterrado, para a instalación dunha liña de baixa tensión, para a subministración de electricidade, no dominio público portuario de Portocubelo, solicitada por UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente 12-37-22-C-1).

Está en trámite unha concesión administrativa solicitada por UFD Distribución Electricidad, S.A., da ocupación de dominio público portuario soterrado, para a instalación dunha liña de baixa tensión, para a subministración de electricidade no porto de Portocubelo, de acordo coa memoria técnica RBT lugar de Portocubelo, s/n, Carnota, expediente nº UD618420090124, asinada polo graduado en Enxeñaría Eléctrica, Alejandro Fernández Reza, colexiado número 4683, o 23 de novembro de 2021, e o plano da tramitación autorizada pola Resolución asinada pola presidenta de Portos de Galicia o 3 de outubro de 2022.

O que se fai público, para os efectos previstos no 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5, 1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com

A Coruña, 20 de xaneiro de 2023

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro