Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2023 Páx. 14830

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Bergondo (expediente IN407A 2022/189-1).

Expediente: IN407A 2022/189-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: punto de entroncamento MT rúa parroquia de Guísamo, nº 6.

Concello: Bergondo.

Feitos:

1. O 8 de xuño de 2022, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica, co fin de dar resposta a unha solicitude de subministración de enerxía eléctrica en media tensión para un centro de biotecnoloxía cunha potencia total solicitada de 450 kW situado no polígono industrial de Bergondo (rúa parroquia de Guísamo), concello de Bergondo. Proxéctase dar punto de conexión nunha nova cela que se vai instalar no centro de transformación en edificio prefabricado existente CT polígono de Bergondo nº 2 (15C731, expediente 51.800) de 630 kVA, alimentado pola liña de distribución de media tensión soterrada BEG-714 (polígono de Bergondo, 1 14) procedente da subestación de Bergondo, e instálase no seu lugar un novo bloque de celas telecontrolado.

Achegan o proxecto que inclúe memoria, planos e orzamento, ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que abrangue os seguintes documentos:

1) Proxecto de execución denominado punto de entroncamento MT rúa parroquia de Guísamo, nº 6, asinado por Raúl Guillermo Naveira Dueñas, enxeñeiro técnico industrial, esp. electricidade, nº de colexiado 1.905 da Coruña, o 24 de novembro de 2022.

2) Anexo, asinado por Raúl Guillermo Naveira Dueñas, enxeñeiro técnico industrial, esp. electricidade, nº de colexiado 1.905 da Coruña, o 24 de novembro de 2022.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económia de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Consonte os artigos 127.1 e 127.2 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas dunha separata do proxecto, na parte en que a instalación puidera prexudicar bens e dereitos ao seu cargo, que contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente. Foi solicitado o preceptivo informe ao concello de Bergondo. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos polo dito concello.

4. Con data do 28 de decembro de 2022, foi emitido o preceptivo informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, no Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

2. A lexislación que se vai aplicar neste expediente é a que de seguido se relaciona:

a) A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

b) O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

c) O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

d) O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

e) O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

f)A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

– Substitución do actual bloque de celas compactas de tipo 2L+1P do CT polígono Bergondo nº 2 (15C731, expediente 51.800), alimentado actualmente pola LMTS BEG-714 (polígono Bergondo, 1 14) a 15 kV procedente da subestación de Bergondo:

– Novo conxunto de celas de liña compactas, en configuración 3L+1P, formado por dúas celas telecontroladas (saída de liña), unha cela telemandada (entrada de liña) e unha cela de protección de trafo, todas elas dotadas con envolvente metálica e illamento en SF6.

– Nova bancada para aloxar as celas de media tensión proxectadas.

-Desmontarase o armario do equipo telexestor, función que xa irá incorporada na nova cela de protección proxectada.

– Alimentación auxiliar en BT desde o CBT para as celas telecontroladas proxectadas.

– Todos os elementos metálicos proxectados conectaranse á rede de terras existente do CT.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o sinalado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

I. As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

II. Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 27 de xaneiro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña