Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2023 Páx. 14818

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 2 de febreiro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación de transporte de enerxía eléctrica no termo municipal de Lousame (expediente IN407A 2022/184-1).

Expediente: IN407A 2022/184-1.

Solicitante/promotor: Red Eléctrica de España, S.A.U.

Denominación: ampliación subestación 220 kV Lousame: nova posición de liña EVRE.

Concello: Lousame.

1. Obxecto da instalación:

Actuación destinada a posibilitar a evacuación de xeración renovable (EVRE).

2. Características técnicas:

Ampliación do parque 220 kV da subestación Lousame, convencional de intemperie con tecnoloxía AIS, cunha configuración en dobre barra (JBP1 e JBP2) con acoplamento, consistente en:

• Construción dunha nova posición para denominar EVRE (posición de liña), que pasaría a ocupar a posición 8 na disposición interior existente na subestación 220 kV Lousame, nun dos espazos recollidos na Resolución do 30 de marzo de 2017 (DOG núm. 90, do 11 de maio, BOP núm. 70, do 12 de abril) da entón denominada Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se outorgan a REE a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución e se recoñece, en concreto, a utilidade pública da instalación de transporte de enerxía eléctrica denominada nova subestación 220 kV de Lousame (expediente IN407A 2009/471-1). As especificacións máis salientables da aparellaxe que se vai instalar nesta nova posición son:

• Interruptor automático: tensión nominal/máis elevada para o material: 220 kV/245 kV/intensidade nominal/límite térmica (corte): 3.150/40 kA. Tecnoloxía da cámara de corte: SF6.

• Disposición dos condutores en tres niveis:

• Embarrados baixos: conexións entre aparellaxe a 6 metros de altura. Realizaranse con tubo de aluminio.

• Embarrados altos: barras principais de tubo de aluminio a 10,5 metros de altura, apoiadas sobre illadores soporte.

• Tendidos altos: en condutor dúplex Al-Ac a 14,95 metros de altura.

• Illadores de soporte para apoio dos embarrados principais: tipo C10-1050.

• Seccionadores de barras: tipo pantógrafo e mando eléctrico unipolar/intensidade nominal: 2.000 A.

• Seccionador de liña: rotativo de tres columnas e mando tripolar manual/intensidade nominal: 2.000 A.

• Seccionador de illamento (seccionador de posición): rotativo de tres columnas e mando tripolar manual/intensidade nominal: 2.000 A.

• Seccionador de posta a terra: tripolar, con coitela de posta a terrra, de mando unipolar motorizado.

• Equipos convencionais (pararraios – autoválvulas): tensión nominal: 198 kV/tensión de operación > 152 kV/intensidade nominal de descarga: 10 kA.

• Transformadores de intensidade e de tensión, de características conforme o Real decreto 1110/2007, do 24 de agosto, polo que se aproba o Regulamento unificado de puntos de medida do sistema eléctrico.

• Incorporación ao mallado de rede de terras superiores e inferiores e aos sistemas de control, protección, telecontrol e comunicacións (sistemas telexestionados) e servizos auxiliares da subestación.

• Bastidor de relés.

• Localización das instalacións: subestación 220 kV Lousame, lugar de Alto da Laguiña. Fontefría (acceso: por desvío coa orixe no p.q. 23,5 da estrada C-543). Termo municipal de Lousame.

• Investimento, segundo proxecto: 838.920 €.

3. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2.10.2015).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2.10.2015).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27.12.2013).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27.12.2000).

• Real decreto lei 15/2018, do 5 de outubro, de medidas urxentes para a transición enerxética e a protección dos consumidores (BOE núm. 242, do 6.10.2018).

• Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica (BOE núm. 175, do 24.6.2020).

• Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19.3.2014).

Isto faise público para coñecemento xeral e das persoas titulares de dereitos reais e/ou intereses económicos sobre bens afectados que fosen omitidos.

Coa finalidade de poderen consultar a documentación, todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente nas seguintes dependencias:

• Concello de Lousame.

• Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña, (rúa Vicente Ferrer núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña) das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

De ser o caso, poderán presentar as alegacións ou observacións que consideren pertinentes no prazo de trinta (30) días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 2 de febreiro de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña