Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 2023 Páx. 14817

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 12 de xaneiro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración, presentados xunto coa solicitude de prórroga da explotación de recursos mineiros da sección C) denominada La Ilusión, fracción primeira, número 5356.1.2, presentada por Porredo, S.L. e situada no termo municipal de Quiroga.

En cumprimento do disposto no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, sométense ao trámite de información pública o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración da explotación de recursos mineiros da sección C) denominada La Ilusión, fracción primeira, número 5356.1.2, presentada por Porredo, S.L. e situada no termo municipal de Quiroga, na provincia de Lugo.

O que se fai público facendo constar que, durante o prazo de trinta días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto de explotación e o plan de restauración se atopan dispoñibles ao público, para a súa consulta, no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Economía, Industria e Innovación e no portal web da devandita consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/explotacions-mineiras/prorroga-la-ilusion

As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas á Xefatura Territorial, en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 12 de xaneiro de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo